Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29764

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (procedemento BS324A).

Con data do 29 de abril de 2019, publicase no Diario Oficial de Galicia núm. 81, a Orde da Consellería de Política Social, do 26 de abril de 2019, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, entre elas a convocatoria de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega, procedemento BS34A24A.

No título I, Bases xerais e convocatoria para o exercicio 2019, no capítulo II, Solicitudes, documentación e procedemento de concesión, o artigo 10 establece o prazo e forma de presentación de solicitudes. Así mesmo, no artigo 11 establece que se deberá achegar a documentación indicada no título II. Bases específicas dos distintos procedementos da convocatoria coordinada de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa para cada un dos distintos procedementos. No artigo 40 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude do procedemento BS324A.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa encargada da tramitación e instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Así, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 16 da orde de convocatoria, se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado requirirá o/a mozo/a solicitante para que nun prazo de dez (10) días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Se non o fai, de acordo co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, considerarase que desistiu da súa petición e procederase ao arquivamento do seu expediente, logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da dita Lei 39/29015, do 1 de outubro.

Así mesmo, o artigo 13.1 da dita Orde do 26 de abril de 2019 dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 la Lei 39/2015, do 1 de outubro, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos de notificación individualizada. Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.gal.

Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Emprazase as persoas interesadas ou ao seu representante legais para que comparezan no prazo de dez (10) días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º andar, 15781 Santiago de Compostela, para acceder ao contido íntegro do requirimento.

De non comparecer no prazo establecido entenderase notificado para todos os efectos.

Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día seguinte hábil á notificación do requirimento.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 16 das bases reguladoras no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, darase por desistida na súa petición e procederase ao arquivamento do seu expediente, logo de resolución ditada nos termos do artigo 1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Quinta. Complementariamente porase á disposición o contido íntegro da dita notificación no Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.Gal e por medio postal a aqueles solicitantes que elixiron esta modalidade para que poidan acceder ao seu contido.

Con independencia do acceso a esta notificación complementaria, o prazo dos 10 días para emendar a documentación empezará a contar de conformidade co número primeiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Solicitudes de subvencións Galeuropa BS324A suxeitas a emenda
de documentación

Nº de expte.

Nome e apelidos

DNI

2019/A/022

Alba Castro Rumbo

***0169**

2019/A/038

Pedro David Kordova Kordova

****6832*

2019/A/059

Cristina Fresco Muíños

***4675**

2019/A/060

Pablo Rodríguez Fernández

***5330**

2019/A/061

Antía Bernárdez Taboada

***9011**

2019/A/090

Naufal Samir Ouad

***6411**

2019/A/093

José Ángel Mateo Pérez

***1440**

2019/A/131

Héctor Fernández Costa

***8865**

2019/A/139

Heitor Vidal González

***1240**

2019/A/141

Jorge Fernández Diego

***9250**

2019/A/146

Irma Rivera Molins

***1782**

2019/A/161

Javier Mora Salgueiro

***9409**

2019/A/198

Adrián López Folgueiras

***5192**

2019/A/201

Brais Rodríguez Rodríguez

***5128**

2019/A/227

Antonio Motiño Lawson

***4379**

2019/A/255

Rita Cecilia González Mattos

***7428**