Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 127/2019).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 127/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Veiga Varela contra Compostic Coruña, S.L., sobre despedimento, se ditou, con data do 27 de maio de 2019, a Sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por María del Carmen Veiga Varela contra a entidade Compostic Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con efectos do 21 de decembro de 2018 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a presente resolución (27 de maio de 2019), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Compostic Coruña, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 990,11 € e a contía por salarios de tramitación devindicados entre o 21 de outubro de 2018 e o 27 de maio de 2019, a razón de 27,69 € día, o que supón 4.348,17 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, e sinalar en “Concepto” os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Compostic Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2019