Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29612

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 328/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 328/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Argimiro Álvaro Luaces Rodríguez contra Malba da Aforeira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 8 de abril de 2019 coa seguinte parte dispositiva:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Argimiro Álvaro Luaces Rodríguez contra a entidade Malba da Aforeira, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Malba da Aforeira, S.L. a que lle aboe a Argimiro Álvaro Luaces Rodríguez a cantidade de 1.350 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais (135 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Para que sirva de notificación en legal forma a Malba da Aforeira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza