Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29613

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 908/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 908/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Alfonso Henao Cárdenas contra Sernauta Bodegas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a Sentenza do 13 de marzo de 2019 coa seguinte parte dispositiva:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Víctor Alfonso Henao Cadenas contra a entidade Sernauta Bodegas, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante o 8 de novembro de 2018, como foi recoñecido pola empregadora, e condeno a entidade Sernauta Bodegas, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 908,89 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Víctor Alfonso Henao Cadenas contra a entidade Sernauta Bodegas, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Sernauta Bodegas, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.506,52 euros brutos, polos salarios de outubro a novembro de 2018, incrementados no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Sernauta Bodegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza