Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29590

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada polo Sindicato Español de Pilotos de Líneas Aéreas (SEPLA), na compañía Babcock MCS España, S.A.U.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental dos traballadores en defensa dos seus intereses, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionada ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma. O artigo 3 deste decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a fixación do persoal preciso para a súa prestación, oído o comité de folga.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece, no seu artigo 9, que a consellería con competencias en materia forestal definirá épocas de perigo alto, medio e baixo, que condicionarán a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia, e que establecerá as datas correspondentes á época de perigo alto. A consellería establece estas épocas de perigo a través do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) 2019:

– Época de perigo alto:

Na que o despregue dos medios de extinción e alerta deberán ser os máximos, en función da avaliación do risco e a vulnerabilidade. A previsión actual do Pladiga comprende con carácter xeral os meses de xullo, agosto e setembro, máis un período adicional de aproximadamente un mes en función das condicións meteorolóxicas e de risco.

– Época de perigo medio:

Na que os medios de detección e extinción permanecerán en alerta cun despregue reducido.

A época de perigo medio comprende, con carácter xeral, os meses de febreiro, marzo, abril, maio, xuño e outubro, se ben calquera destes meses pode pasar a formar parte doutra época de perigo distinta cando as circunstancias así o requiran.

A folga comunicada polo Sindicato Español de Pilotos de Líneas Aéreas (SEPLA), afecta a todas as bases e centros de traballo da Compañía Babcock Mission Critical Services España, S.A.U. A dita compañía ven prestando os seus servizos á Consellería do Medio Rural a través dos contratos de servizo integrado de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais; do servizo integrado dun helicóptero e técnicos coordinadores con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais; e o servizo integrado de helicópteros, técnicos coordinadores e técnicos analistas con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais.

Polo tanto, e debido aos contratos que a Consellería do Medio Rural ten subscrito coa devandita empresa, e sen prexuízo do exercicio do lexítimo dereito de folga, a parada dos servizos neles comprendidos dificultaría poder acometer axeitadamente o servizo esencial de vixilancia e extinción de incendios e garantir a seguridade de persoas e bens.

A folga comunicada afecta a todas as bases e centros de traballo da Compañía Babcock Mission Critical Services España, S.A.U. e desenvolverase conforme o establecido no artigo 1.

Os servizos mínimos que se fixan ao abeiro do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, resultan imprescindibles para poder garantir a prestación do servizo público esencial de vixilancia e extinción de incendios e garantir a seguridade.

En virtude do anterior, e de conformidade co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan as normas para garantir a prestación dos servizos esenciais en caso de folga no ámbito da Comunidade Autónoma, oído o comité de folga,

ACORDO:

Artigo 1

A folga convocada polo Sindicato Español de Pilotos de Líneas Aéreas (SEPLA ) para os días 21 a 30 de xuño, así como o 1 de xullo de 2019 entre as 00.00 horas e ás 24.00 horas que afecta a totalidade do persoal de todas as bases e centros de traballo da empresa Babcock Mission Critical Services España, S.A.U., entenderase condicionada á prestación dos servizos mínimos establecidos nesta orde.

Artigo 2

Establécense como servizos mínimos durante os días e horas de folga a que fai referencia o artigo anterior os que se relacionan no anexo da presente orde.

Artigo 3

A determinación dos efectivos necesarios e a designación nominal do persoal que deberá cubrir os servizos será realizada pola dirección da empresa.

Artigo 4

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para manter a prestación dos devanditos servizos considéranse ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo.

Artigo 5

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Servizos mínimos

a) Ata o 24 de xuño incluído, considéranse necesarios os medios aéreos despregados nas bases de:

• Silleda extinción.

• Silleda coordinación.

• Toén.

O persoal asignado por quenda en cada base será o seguinte:

Base Silleda

Helicóptero de coordinación

1 piloto

1 tma

2 técnicos coordinadores

Base Silleda

Helicóptero de extinción

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base Toén

Helicóptero de extinción

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

b) Do 25 ao 30 de xuño considéranse necesarios os medios aéreos despregados nas bases de:

• Silleda extinción.

• Toén.

O persoal asignado por quenda en cada base será o seguinte:

Base Silleda

Helicóptero de extinción

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base Toén

Helicóptero de extinción

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

En todo caso, dependendo das condicións meteorolóxicas e da actividade incendiaria é posible que sexa necesario incrementar este despregamento, ou mesmo adiantar a declaración do período de alto risco.

c) Durante os meses de alto risco (xullo, agosto e setembro como mínimo) considerase necesario o despregamento de helicópteros nas seguintes bases:

A Coruña

Base aérea Castromaior

Base aérea Lomba

Lugo

Base aérea Becerreá

Base aérea Marroxo

Base aérea Portomarín

Ourense

Base aérea Toén

Base aérea Río

Base aérea Vilamaior

Base aérea Xurés

Base aérea Barco

Pontevedra

Base aérea Silleda

Base aérea Queimadelos

Base aérea Campiños

Coa seguinte relación de medios humanos:

Helicópteros coordinación campaña 2019

Base 1 coordinación

1 piloto

1 tma

1 técnico coordinador

1 técnico analista

Base 2 coordinación

1 piloto

1 tma

1 técnico coordinador

1 técnico analista

Helicópteros tipo medio campaña 2019

Base 1 he. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base 2 he. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base 3 he. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base 4 he. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base 5 he. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Helicópteros tipo lixeiro campaña 2019

Base 1 he. tipo lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 2 he. tipo lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 3 he. tipo lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 4 he. tipo lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 5 he. tipo lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 6 he. tipo lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 7 he. tipo lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 8 he. tipo lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)