Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 942/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 942/2018, seguido por instancia de Noelia Fraga Roca contra Step Consulting & Advisors, S.L., sobre reclamacións salariais, se ditou a Sentenza estimatoria do 16 de maio de 2019, e contra a cal non cabe ningún recurso.

Para que sirva de notificación en legal forma a Step Consulting & Advisors, S.L. e administrador concursal de Step Consulting & Advisors, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

A Coruña, 22 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza