Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 970/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 970/2018, seguido por instancia de Noemí Moreira López e Ana Carballo Porto contra a mercantil Ópticas Eure, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de diferenzas salariais, se ditou a Sentenza 250/2019, do 16 de maio de 2019, en que se estima a demanda e contra a cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor das interesadas no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Ópticas Eure, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza