Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 3/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 3/2019, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Galiservices Limpiezas Integrales, S.L., sobre execución de sentenza nº 12/1998, do 17.4.2018, se ditou Decreto do 29 de maio de 2019, polo que se declarou o executado en situación de insolvencia provisional e se acordou arquivar as actuacións. Poderase interpor recurso directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galiservices Limpiezas Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza