Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 1019/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 1019/2018, seguido por instancia de Jonatan Simes Padín contra O Bikiño Coruña, S.L., María Beatriz López Nieto e o Fogasa, sobre reclamación de diferenzas salariais, horas extras e vacacións, se ditou a Sentenza 265/2019, do 22 de maio de 2019, en que se estima a demanda e contra a cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma á mercantil O Bikiño, S.L. e a María Beatriz López Nieto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza