Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que que se publica a Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia.

Antecedentes:

1. En virtude da Resolución do 18 de outubro de 2018, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa de referencia e sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 227, do 28 de novembro) e nun xornal dos de maior circulación da provincia (La Región, edición do 28 de novembro, páxina 24). Así mesmo, déuselle trámite de audiencia ao Concello de Xinzo de Limia e notificóuselle ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda.

A taxación dos bens e dereitos que se precisan ocupar neste expediente notificóuselles individualmente ás persoas que aparecen como os seus respectivos titulares, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación. Ademais, a estas persoas interesadas envióuselles tamén unha copia da citada Resolución do 18 de outubro do 2018. Igualmente, esta resolución publicouse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 291, do 3 de decembro), para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. O IGVS emitiu certificado das alegacións presentadas no seu rexistro de entrada polos interesados no expediente. Igual certificado emitiu o Concello de Xinzo de Limia sobre o trámite de audiencia indicado, no cal se fai constar a ausencia de alegacións dese concello.

3. Rematados eses trámites, a Administración actuante, por medio do seu perito, elaborou un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas.

4. O 3 de maio de 2019, a xerente de Xestión do Solo de Galicia, Xestur, S.A., beneficiaria da expropiación, asinou o informe sobre a dispoñibilidade orzamentaria.

5. O 21 de maio de 2019 ten entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia a remisión do expediente de expropiación de referencia.

6. O 28 de maio de 2019 o representante da Administración, coa conformidade do director xeral do IGVS, emite informe proposta de resolución da aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia.

Consideracións legais:

Primeira. O proxecto de expropiación forzosa tramítase polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Segunda. O dito proxecto ten por obxecto a expropiación por parte do IGVS, en beneficio de Xestión do Solo de Galicia, Xestur, S.A., dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número dous do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia.

De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 da LSG, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Terceira. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da LSG. Di así o citado artigo:

«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:

a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto á situación, superficie e lindes, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, que conterá non só o valor do solo senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.

2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

Cuarta. O artigo 118.6 da LSG establece que, «emitido o informe sobre as alegacións, someterase o expediente á aprobación do órgano municipal autonómico que sexa competente. Enténdese que o órgano autonómico competente será a persoa titular da consellería expropiante».

Pois ben, en virtude do Decreto 106/2018, do 4 de outubro (DOG núm. 191, do 5 de outubro), o IGVS quedou adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Segundo o anterior, a persoa titular desa consellería sería a competente para ditar esta resolución. Agora ben, deberá terse en conta a delegación de competencias que existe neste caso. Así, a Orde do 15 de marzo de 2012, sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (DOG núm. 58, do 23 de marzo), estableceu no punto 9, letra d), como delegación específica de competencias na persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a seguinte: «aprobar os expedientes de expropiación forzosa que tramite a Administración autonómica polo procedemento de taxación conxunta, no suposto establecido polo artigo 143.6 da Lei 9/2002».

Pese a que o Decreto 177/2016 modificou o rango administrativo e a denominación da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, xa que pasou a ser a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, na súa disposición adicional décima prevíase que: «as referencias aos órganos suprimidos ou que varíen a súa denominación por este decreto entenderanse realizadas aos que os substitúen ou asumen as súas competencias».

Así mesmo, é preciso ter en conta o disposto nos puntos 1 e 2 das disposicións adicionais novena e décima do Decreto 177/2016 e do Decreto 106/2018, respectivamente, que din:

«1. As delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas.

2. Cando as delegacións de competencias que manteñan os seus efectos se outorgasen en favor de órganos suprimidos ou modificados na súa denominación polo presente decreto, as ditas delegacións entenderanse vixentes en favor dos órganos en cuxo ámbito de actuación se integre a correspondente competencia».

Logo do anterior, enténdese competente para ditar esta resolución, por delegación de competencia, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

De acordo co informe proposta do representante da Administración, coa conformidade do director xeral do IGVS do 28 de maio de 2019, e que consta no expediente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número dous do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao cal se deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.

Igualmente, deberase notificar esta resolución ao IGVS e ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no expediente expropiatorio que se aproba.

Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo de relación de bens e dereitos afectados, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Xinzo de Limia. Así mesmo, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de que sirva de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, se intentada esta non se puidese efectuar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán manifestar mediante escrito dirixido á Dirección Xeral do IGVS, por triplicado exemplar, que deberán presentar na Área Provincial do IGVS de Ourense, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da LSG. Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da LSG.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

Relación definitiva de bens, dereitos e titulares

Nº expte.

Nº parcela

polígono 509

Referencia catastral

Titular

Código postal e localidade

Superficie obxecto de expropiación (m²)

Parcela 1

10.296

32033A509102960000BJ

Márquez Joga, Mª Magdalena (100 %)

32630 Xinzo de Limia

6.698

Parcela 2

20.296

32033A509202960000BY

Marra Rodríguez, Ermindo (50 %)
Miranda Rivero, Rosa (50 %)

32630 Xinzo de Limia

3.349

Parcela 3

30.296

32033A509302960000BK

Márquez Joga, Manuela (100 %)

32630 Xinzo de Limia

10.048

Parcela 4

295

32033A509002950000BL

Ramos Rodríguez, Arturo (14,28 %)
Ramos Rodríguez, José (14,28 %)
Ramos Rodríguez, Manuela (14,28 %)
Ramos Rodríguez, María (14,28 %)
Ramos Rodríguez, Juan (14,28 %)
Ramos Rodríguez, Magdalena (14,28 %)
Ramos Rodríguez, Manuel (14,28 %)

32630 Xinzo de Limia

8.364

Parcela 5

294

32033A509002940000BP

Diz Parada, Irene (16,66 %)
Diz Parada, Rosa (16,66 %)
Diz Parada, Purificación (16,66 %)
Diz Parada, Manuel (16,66 %)
Diz Parada, Leopoldo (16,66 %)
Díez Seguín, José Ramón (16,66 %)

32630 Xinzo de Limia

4.896

Parcela 6

293

32033A509002930000BQ

Limia Sanmartín, Benita (100 %)

32630 Xinzo de Limia

3.238

Parcela 7

292

32033A509002920000BG

Carrera Santana, José (100 %)

32630 Xinzo de Limia

2.335

Parcela 8

291

32033A509002910000BY

Santana Carrera, María (100 %)

32630 Xinzo de Limia

959

Parcela 9

297

32033A509002970000BI

Rodríguez Fuentes, Celso (25 %)

32630 Xinzo de Limia

5.824

Rodríguez Fuentes, José (25 %)

32002 Ourense

González González, María Flores (25 %)

32002 Ourense

Díaz Sueiro, Rosa (25 %)

32630 Xinzo de Limia

Parcela 10

289

32033A509002890000BG

Riveiro Dacal, Rafael (100 %)

32630 Xinzo de Limia

12.333

Parcela 11

290

32033A509002890000BG

Riveiro Dacal, Manuel (100 %)

32630 Xinzo de Limia

12.318

Parcela 12

282

32033A509002820000BZ

Gómez Martínez, Julio (100 %)

32630 Xinzo de Limia

23.439

Parcela 13

281

32033A509002810000BS

Gómez Dacal, María Teresa (33,32 %)

32630 Xinzo de Limia

18.657

Gómez Dacal, Leoncio (16,66 %)

32630 Xinzo de Limia

Gómez Dacal, María Dolores (16,66 %)

32630 Xinzo de Limia

Gómez Dacal, Modesto (16,66 %)

32630 Xinzo de Limia

Gómez Dacal, Antonio (16,66 %)

32630 Xinzo de Limia

Parcela 14

1338

32033A509013380000BX

Martínez Fidalgo, Manuel Ángel (100 %)

32630 Xinzo de Limia

3.859

Parcela 15

278

32033A509002780000BS

Iglesias Couceiro, Manuel (50 %)
Cid Santás, Rosa (50 %)

32631 Sarreaus

302