Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental (DIA) da zona de reestruturación parcelaria de Gonzar II (O Pino).

En cumprimento do disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise pública a declaración de impacto ambiental (DIA) da zona de reestruturación parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña), formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/declaracions-de-impacto-ambiental) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural