Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 23 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na Avenida de Zamora, nº 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos/ás interesados/as en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/as interesados/as que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 23 de maio de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 22613.

DNI/NIE/PAS: A01961467.

Último enderezo coñecido: travesía Portocarreiro, (C), nº 3, 2º A, 32003 Ourense.

Nº de expediente: 23844.

DNI/NIE/PAS: FW303867.

Último enderezo coñecido: rúa de Santa Rita, nº 20, 2º A , 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).