Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia do acordo de inicio do procedemento de reintegro de axuda e perda do dereito ao cobramento parcial da axuda para a creación de empresas para os/as agricultores/as mozos/as (expediente 36/50077/16).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada, por comparecencia, do acordo de inicio do procedemento de reintegro de axuda e perda do dereito ao cobramento parcial da axuda para a creación de empresas para os/as agricultores/as mozos/as.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa interesada dispón dun prazo máximo de 15 días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos considere pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen presentar alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar as alegacións e a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 36/50077/16 de axuda para a creación de empresas para os/as agricultores/as mozos/as.

DNI da persoa interesada: 33327752Q.

Acto de notificación: acordo de inicio de reintegro e perda do dereito ao cobramento parcial da axuda.