Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de xuño de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción para o fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1, punto quilométrico 12+720-14+440, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia (clave PO/16/267.06).

Antecedentes.

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 2 de novembro de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Estratexia en materia de mobilidade alternativa na comarca do Morrazo e concellos limítrofes, onde unha das sendas propostas era na PO-551 que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo para o fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito: Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1, p.q. 12+720-14+440, de clave: PO/16/267.06.

O obxecto do proxecto é a xustificación e definición das obras de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-551, no treito comprendido entre o p.q. 12+720-14+440 (aproximadamente), no concello de Bueu, entroncando a nova senda na súa parte inicial coas beirarrúas existentes e formalizando, deste xeito, un itinerario continuo.

A senda presentará dúas tipoloxías ao longo da actuación:

• Na maior parte do treito executarase unha senda de formigón coloreado cun ancho mínimo de 1,8 m, separada da calzada por un bordo de formigón.

• En zonas puntuais, en que existen importantes limitacións de espazo dispoñible, a senda executarase sobre a zona da beiravía existente, mediante a aplicación dun slurry nun ancho mínimo de 1,5 m e con separadores plásticos entre a senda e a calzada.

Realizaranse tamén algunhas actuacións complementarias á construción da senda, necesarias para garantir a súa funcionalidade, como son a construción de perpiaños en base de terraplén e a colocación dun refuxio no p.q. 14+150.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra), e na Casa do Concello de Bueu (rúa Eduardo Vicenti, 8, 36930 Bueu, Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (http://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construcción.

Fomento da mobilidade sustentable. Senda na PO-551. Treito: Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1, p.q. 12+720-14+440, clave: PO/16/267.06.

Concello de Bueu.

Ref. catastral

Titular

Tipo terreo

Clasf. urbanística

Sup.
afectada
(m2)

Bens afectados

1

36004A02600583

Freijomil Fernández, José

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

10

12 árbores (valoración 600 €)

2

36004A02600598

Rodríguez Galup, Julia

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

49

--

3

36004A02500250

Otero Castro, Cristina

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

207

--

4

36004A02500289

Vilas Curras, José

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

22

--

5

36004A02500297

Curra Couso, Carmen

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

16

--

6

36004A02500366

Fernández Currás, Asunción

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

14

--

7

36004A02401076

Montejano Bernárdez, Aurelio

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

9

--