Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28786

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 161/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 161/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Cousiño Garrido contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza:

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 161/2018 sobre despedimento obxectivo individual seguidos por instancia de Ricardo Cousiño Garrido, asistido da letrada Laura Prieto Curras, contra Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., representadas e asistidas polo letrado Manuel López Núñez, e contra Fidel Derivados Cárnicos, S.L., representado e asistido polo graduado social José Nogueira Delgado, contra Hipescar, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa.

Resolución:

Estímase a demanda presentada por instancia de Ricardo Cousiño Garrido contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., José Manuel Capella Pérez e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa, e declaro extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno solidariamente as empresas demandadas a que lle aboen ao demandante a cantidade de 6.857,82 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 40,88 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 31 de xaneiro de 2018, ata a data desta sentenza, por importe de 16.106,72 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Condénanse José Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., María José Lorenzo Gómez, como administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., na súa soa condición de administradores concursais, a avirse á anterior declaración e condena.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no boletín oficial.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza