Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 163/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 163/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Agrelo Giadáns contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo e González, S.L., Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Juan Manuel Capella Pérez, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Auto

En Santiago de Compostela o 18 de marzo de 2019.

Parte dispositiva

Acórdase aclarar o contido da sentenza do 28 de febreiro de 2019, nos termos indicados, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

No feito probado primeiro debe dicir: “Declárase probado que Ramón Agrelo Giadáns prestou servizos por conta das mercantís demandadas desde o día 7 de xuño de 1990, coa categoría profesional de carniceiro, e debendo percibir un salario mensual de 1.650,96 euros brutos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.”

Mantense o resto da resolución nos termos que nesta se recollen.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza