Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía López Seoane contra Café Bar Rakel, S.L., sobre despedimento, se ditou auto con data do 14.5.2019 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Lucía López Seoane fronte a Café Bar Rakel, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición para interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe. A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

Igualmente, ditouse dilixencia de ordenación, en que se sinala comparecencia co fin de oír as partes, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación

A letrada da Administración de xustiza, María Iria Román Vidarte.

Santiago de Compostela, catorce de maio de dous mil dezanove.

Despois de presentar demanda a traballadora Lucía López Seoane en que exixe o cumprimento por parte da empresa Café Bar Rakel, S.L. da obriga de readmisión e despois de despacharse auto de execución de sentenza, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar para comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e sinalar o próximo día 9.7.2019, ás 9.30 horas, para a realización desta.

De non asistir a traballadora ou persoa que a represente, darase por desistida na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, realizarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación da executada por medio de edictos.

Notifíqueselles ás partes e a Café Bar Rakel, S.L. no taboleiro de anuncios deste xulgado, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre. A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial e para a comparecencia sinalada fanse as seguintes prevencións:

Primeiro. A non comparecencia da executada, debidamente citada, non impedirá a realización da comparecencia.

Segundo. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, en caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tivese intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas efectuarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Terceiro. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para efectuar actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC), facendo saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Cuarto. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

E para que sirva de notificación e citación a Café Bar Rakel, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza