Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 33/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 33/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ricardo Lareo García contra Innovis Laboratorios, S.L.U.; Innovis Farma, S.L. e Novocat Farma, S.A., sobre despedimento, se ditou auto e decreto con data do 16.5.2019 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Ricardo Lareo García, fronte a Innovis Laboratorios, S.L.U.; Innovis Farma, S.L. e Novocat Farma, S.A., parte executada, por importe de 19.994,94 euros en concepto de principal (10.790,75 euros de indemnización e 9.204,19 euros de salarios e liquidación de vacacións), máis 325,30 euros de xuros de mora do artigo 29.3 do ET, máis 952,94 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e a copia da demanda executiva seranlle notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que houber de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, e non será a compensación en débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0033 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo do concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0033 19. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe. A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«De cara a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir o pagamento a Innovis Laboratorios, S.L.U.; Innovis Farma, S.L. e Novocat Farma, S.A., pola cantidade reclamada de 19.994,94 euros en concepto de principal (10.790,75 euros de indemnización e 9.204,19 euros de salarios e liquidación de vacacións), máis 325,30 euros de xuros de mora do artigo 29.3 do ET, máis 952,94 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas e xuros percibidos, se é o caso, ata a data da demanda e, se non pagase no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0033 19, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Innovis Laboratorios, S.L.U.; Innovis Farma, S.L. e Novocat Farma, S.A. co fin de que no prazo de dez días manifesten relacionadamente os bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, en caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderán ser sancionadas, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0033 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo do concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0033 19. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acordo e asino. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Innovis Farma, S.L. e Innovis Laboratorios, S.L.U., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza