Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28202

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 75/2017).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 75/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Gómez Gesto contra a empresa Compañía de Protección Galaica, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Acordo: declarar que a parte demandante desiste da súa demanda, e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación del no procedemento correspondente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza