Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 327/2019).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 327/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Calvo González contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., administradora concursal María José Lorenzo Gómez, administrador concursal Juan Manuel Capella Pérez sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019.

Antecedentes de feito:

Único. A presente demanda foi trasladada a este xulgado do social.

Fundamentos de dereito:

Único. Examinados os requisitos formais desta demanda, procede a súa admisión de conformidade co disposto no artigo 81 da LPL.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo admitir a demanda presentada e, ao existir numerosos asuntos da mesma índole e outros de carácter preferente pendentes de celebración de xuízo, acordarase en canto á súa sinalización, quedando os autos en espera.

Notifíquese a ambas as partes a presente resolución e á parte demandada fágaselle entrega de copia da demanda.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación, ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza