Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28191

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 869/2017).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 869/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rainer María Mayland Cabanelas contra Intertrans Moncho, S.L., Transportes de Mercancías Personalizados, S.L., Juan José Ruzo Cruz, Transportes Anmasa 2014, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 869/2017.

Demandante: Rainer María Mayland Cabanelas.

Letrada: Sra. Pire Castaño.

Demandados:

– Intertrans Moncho, S.L.

– Transportes de Mercancías Personalizados, S.L.

– Juan José Ruzo Cruz

– Transportes Anmasa 2014, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Ministerio Fiscal.

Sentenza 264/2019.

A Coruña, 24 de abril de 2019.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Rainer María Mayland Cabanelas contra a empresa Intertrans Moncho, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 5.184,67 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 49,61 euros/día.

3º. Estimo a demanda sobre reclamación de salarios devindicados e non satisfeitos correspondentes aos meses de xuño e xullo de 2017, formulada por Rainer María Mayland Cabanelas fronte á empresa Intertrans Moncho, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 2.551,96 euros, cos xuros do artigo 29.3 do ET.

4º. Declárase que o demandante desiste das pretensións dirixidas fronte á empresa Transporte de Mercancías Personalizados, S.L., Juan José Ruzo Cruz e a empresa Transportes Anmasa 2014, S.L.

O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación a Transporte de Mercancías Personalizados, S.L. e Transportes Anmasa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza