Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28194

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 661/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 661/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap, mutua de accidentes de traballo da Seguridade Social número 61, contra Madefabri Leidy 2020, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Francisco Lata Cortés, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: seguridade social nº 661/2016

Demandante: Mutua Fremap de accidentes de traballo

Letrado: Sr. Balo Couto

Demandados:

– INSS e TXSS

Letrada: Sra. Goyanes Viviani

– Madefabri Leidy 2020, S.L.

Letrado:

– Francisco Lata Cortés

Letrado:

Sentenza nº 228/2019

A Coruña, 10 de abril de 2019

Resolución:

A. Estimo a demanda formulada pola Mutua Fremap fronte a Madefabri Leidy 2020, S.L. e ao INSS e, en consecuencia:

1. Condeno a Madefabri Leidy 2020, S.L., como responsable directa, ao aboamento dos gastos da asistencia sanitaria prestada ao traballador Francisco Latas Cortés, derivados do accidente de traballo ocorrido o día 2.5.2013 e que ascende á suma total de 15.616,83 euros, cantidade que deben reintegrar á mutua sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que, de ser o caso, poida recaer no Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesouraría Xeral da Seguridade Social de acordo co artigo 167 do TRLXSS.

2. Condeno o INSS como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e só para o caso de insolvencia da empresa, ao pagamento á mutua da suma de 15.616,83 euros en concepto de gastos de asistencia sanitaria.

B. Desestimo a demanda fronte á TXSS e a Francisco Lata Cortés, que queda absolto de todo pedimento dirixido contra el.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndoas de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Madefabri Leidy 2020, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza