Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28196

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1288/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1288/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramiro Calvo Montes contra a empresa Cotemac, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 1288/2017

Demandante: Ramiro Calvo Montes

Letrado: Sr. Quintáns López

Demandada: Cotemac, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 271/2019

A Coruña, 14 de maio de 2019

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ramiro Calvo Montes contra a empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 57.540,29 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 51,49 €/día, o que dá a cantidade de 29.040,36 euros.

O Fogasa deberase ater ao resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza