Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27911

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública dos expedientes de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación (expediente 1106/2019 e dous máis).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a notificación no domicilio que consta no expediente (por ausente ou descoñecido), faise pública a incoación de expediente de orden de execución polo estado da parcela, para comparecencia dos interesados.

Os interesados dispoñen dun plazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio no BOE, para examinar o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, se é o caso, presentar alegacions ou calquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra o presente acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Nº expte.

Asunto

Propietario/titular catastral

Situación da parcela

Concello

1106/2019

Parcela con ref. catastral 36005A045001370000TG, con maleza e árbores que incumpren a faixa de protección da vivenda en Aboi 38.

José Otero Fresco

Aboi-Santo André de Cesar

Caldas de Reis

1193/2019

Parcela con ref. catastral 36005A045004190000TA, con maleza e árbores que incumpren a faixa de protección da vivenda en Aboi 38

Andrés Fernández Barros

Aboi-Santo André de Cesar

Caldas de Reis

1122/2019

Parcela con ref. catastral 36005A045004140000TS, con maleza e árbores que incumpren a faixa de protección da vivenda en Aboi 4

José Fresco González

Aboi-San André de Cesar

Caldas de Reis

Caldas de Reis, 30 de maio de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente en funcións