Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación (expediente 2516/2018).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse determinar a identidade da persoa responsable, faise pública a resolución da orde de execución para a xestión da biomasa vexetal, que esta Alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Fáiselle advertencia de que, en caso de incumprimento da presente orde de execución, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, alternativamente, recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguiente ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguiente ao da recepción da presente notificación, de conformidad co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se teña producido a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, e entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal; entón os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Nº expte.

Asunto

Concello

Propietario

Situación da parcela

2516/2018

Parcela 36005A029001940000TO, que incumpre obrigas da xestión da biomasa vexetal

Caldas de Reis

Descoñecido

As Ribocias-San Clemente de Cesar

Caldas de Reis, 29 de maio de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente en funcións