Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27908

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do tanatorio Golpe (expediente 2018/X999/000079).

O Concello aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións tanatorio Golpe que afecta a parcela con referencia catastral 9087703NH5898N0001TA. Localización: solo rústico en San Tirso, mediante a Resolución da Alcaldía 160/2019, do 2 de abril de 2019. De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:

sede.abegondo.gal

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Abegondo, 7 de maio de 2019

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde presidente