Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27913

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de notificación en expediente de dilixencias previas por denuncia en materia de xestión de biomasa (ref. 18/105/15069/01-02-03-04-05-06-07-08-09).

Sendo preciso o cumprimento da obriga de xestión de biomasa vexetal e da retirada de árbores de especies arbóreas imposta pola Lei 3/2007, do 3 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, e consonte o establecido nos artigos 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, as notificacións practicaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, quedando a eficacia do acto notificado supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poden consultar o contido íntegro do acto que se notifica e o correspondente expediente no prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a comparecencia realizarase nas dependencias municipais, situadas na rúa Real, 13, 15600 Pontedeume (A Coruña), en horario de atención ao público.

Nº de expediente

Referencia catastral

Situación da parcela

18/105/15069/01-02-03-04-05-06-07-08-09

15070A004001960000WK

Polígono 4 parcela 196

18/105/15069/01-02-03-04-05-06-07-08-09

15070A004001940000WM

Polígono 4 parcela 194

Pontedeume, 20 de maio de 2019

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde