Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación ao propietario do predio coa referencia catastral 32076A009008410000UF para a xestión da biomasa vexetal.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa de incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento do titular da parcela coa referencia catastral 32076A009008410000UF o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 568/2019 relativo ao incumprimento dos deberes previstos no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A009008410000UF, cunha extensión de 4.007 m2.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírese ao propietario, arrendatario ou usufrutuario da parcela coa referencia catastral 32076A009008410000UF, localizada na Veiga que no prazo de 15 días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitiva se de que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa».

San Cibrao das Viñas, 31 de maio de 2019

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde