Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27579

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.

A Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no punto 6 da súa disposición derradeira quinta sobre calendario de implantación, establece que as modificacións introducidas nas condicións de acceso e admisión ás ensinanzas reguladas nesa lei orgánica serán de aplicación no curso escolar 2016/17. Así mesmo, no seu punto cincuenta modifícase o artigo 64 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no referente á organización e aos requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 30.1 establece que as probas de carácter específico para o acceso aos ciclos de ensinanzas deportivas serán organizadas e controladas polas administracións educativas. Igualmente, nas súas disposicións transitorias segunda e terceira preceptúa a vixencia temporal das ensinanzas establecidas ao abeiro do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e das normas de desenvolvemento previstas nel.

A Orde do 24 de marzo de 2003, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, regula no ámbito de Galicia as probas de madureza e as de carácter específico para acceder ás ensinanzas deportivas conducentes ás titulacións establecidas polo Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

O capítulo II da Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, pola que se regulan os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos cales refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece os requisitos de acceso xerais, específicos e para deportistas de alto nivel, alto rendemento e persoas con discapacidade.

O Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño, establece, por primeira vez, os prezos públicos que serán de aplicación para as ensinanzas deportivas.

Por todo o exposto, esta dirección xeral resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20, que se rexerán polas seguintes instrucións:

I. Modalidades de acceso.

1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación (en diante, «proba de madureza de grao medio») que se establece no anexo I desta resolución, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específico establecidos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.

c) A superación da dita proba de madureza de grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I a que se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.

d) A proba de madureza de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:

• Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

• Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

• Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño.

• Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.

• Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

• Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

2. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación unha proba de carácter específico, acreditar un mérito deportivo ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos:

– Bacharel.

– Técnico superior.

– Título universitario.

– Certificado de ter superado todas as materias do bacharelato.

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no punto anterior, deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación (en diante, «proba de madureza de grao superior») que se establece no anexo I desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. Tanto nun coma noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.

c) A superación da proba de madureza de grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel III ás cales se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.

d) A proba de madureza de grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:

• Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

• Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.

• Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

• Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

II. Validez das probas.

1. De conformidade co artigo 32 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, a superación da proba de madureza para o acceso ao grao medio e ao grao superior terán validez en todo o territorio nacional.

2. A certificación de superación da proba de acceso de carácter específico terá validez en todo o territorio nacional. A duración da validez está definida no correspondente real decreto que establece o título e as ensinanzas mínimas.

III. Inscrición para as probas.

1. A inscrición para realizar as probas farase nas secretarías dos centros que se relacionan no anexo IV, preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

2. O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 10 de xullo. Para tal fin, os centros docentes deberán expor nos seus taboleiros de anuncios o seguinte:

a) Normativa reguladora do procedemento de inscrición nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

b) Calendario de publicación da listaxe provisional e definitiva de solicitudes admitidas e excluídas, así como dos prazos para presentar reclamacións.

c) Calendario e procedemento para formalizar a matrícula.

3. Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas, os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto.

4. Ao modelo xuntarase a documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Orixinal da solicitude de inscrición conforme o modelo facilitado polo centro.

c) Exemplar do documento que acredite o ingreso do prezo público, salvo en caso de estar exento/a do pagamento.

d) En caso de bonificación ou exención no pagamento do prezo público, documento que o acredite.

e) Certificación académica en que conste o expediente académico e/ou depósito dalgún dos seguintes títulos:

• Título de graduado na ESO ou de bacharel (ou declarado equivalente para os efectos académicos), ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións da ESO ou do bacharelato, ou certificado de ter superado todas as materias do bacharelato.

• Título de técnico superior.

• Título universitario.

f) Certificado de estudos do ciclo formativo en que figuren as cualificacións das materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título ou o libro de cualificacións do ciclo formativo.

g) Certificado de superación da proba de madureza, de grao medio ou superior, de acceso ás ensinanzas deportivas.

h) Certificado de superación da proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou superior de Artes Plásticas e Deseño.

i) Certificado de superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio/superior (parte común) de formación profesional.

j) Certificado de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

k) Certificado de superación da proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

l) Resolución do órgano competente en materia de deporte pola cal se acredita a consideración de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

m) Certificación de méritos deportivos expedida pola federación española ou autonómica correspondente.

n) Volante de inscrición condicional (só para titulacións obtidas no estranxeiro).

ñ) Certificado do recoñecemento do grao de discapacidade.

5. Tal e como se establece nos puntos I.1 e I.2, as persoas solicitantes da exención da realización da proba de madureza por ter superado totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, segundo o establecido no punto décimo da Orde do 24 de marzo de 2003, xuntarán o certificado correspondente onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.

6. As persoas solicitantes que aleguen méritos deportivos, substitutivos da realización da proba específica (modalidade de Baloncesto), ou calquera condición motivo de exención de realización da proba de carácter específico, presentarán coa solicitude os documentos acreditativos establecidos da correspondente modalidade ou especialidade. A valoración dos ditos méritos e resolución sobre a substitución da dita proba ou exención correspóndelle ao tribunal avaliador. As condicións para solicitar a exención nas distintas modalidades deportivas pódense consultar na seguinte ligazón do portal educativo: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/212/all

7. As persoas solicitantes que aleguen mérito deportivo, substitutivo da realización da proba específica, no caso da modalidade de Baloncesto, así como aquelas persoas que soliciten exención de realización da proba específica noutras modalidades, farano constar na epígrafe correspondente no formulario de inscrición.

8. As persoas solicitantes que deban realizar a proba de madureza farano constar na epígrafe correspondente no formulario de inscrición. No caso de non superar a dita proba, non serán admitidas na proba de carácter específico.

9. No caso das persoas aspirantes con discapacidade que soliciten adaptación nas probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas, farano constar na epígrafe correspondente no formulario de inscrición e deberán acreditar o grao de discapacidade mediante certificado.

Co obxecto de garantir a eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título, o tribunal avaliará o grao de discapacidade e as limitacións que comporte para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, de ser o caso, adaptará os requisitos e as probas de acceso que deban superar as persoas aspirantes que, en todo caso, deberán respectar o esencial dos obxectivos fixados no Real decreto 1363/2007 e das ensinanzas mínimas da modalidade ou especialidade deportiva correspondente.

10. No caso de alegar titulacións obtidas no estranxeiro, achegarase volante de inscrición condicional, segundo o modelo recollido como anexo II na Orde ECD/3305/2002, do 16 de decembro, pola que se modifican as do 14 de marzo de 1988 e do 30 de abril de 1996, para a aplicación do disposto no Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria (BOE do 28 de decembro).

11. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderanse presentar á proba de acceso de carácter específico sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso, poderanse presentar á proba de madureza.

12. O día 12 de xullo de 2019, os centros onde se realice a inscrición enviarán ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, a través do correo electrónico xsere@edu.xunta.gal, a relación de persoas inscritas para realizaren as probas de acceso, na cal deberán constar expresamente o cumprimento na presentación da documentación necesaria, así como as persoas que alegan mérito deportivo, solicitan exención das probas ou adaptación desta.

13. As solicitudes que aleguen mérito deportivo, soliciten exención ou adaptación de probas, xunto coa documentación achegada, serán obxecto de valoración por parte do tribunal avaliador; para tal efecto, as ditas solicitudes serán enviadas polos centros ao/á presidente/a do tribunal da proba correspondente o día seguinte ao do remate do prazo de inscrición en formato pdf.

14. A relación provisional de persoas inscritas será exposta o día 15 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal, indicando expresamente as persoas declaradas exentas de realizar a proba específica na modalidade correspondente e os motivos de exclusión.

15. Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude ata o día 17 de xullo. Unha vez resoltas as ditas alegacións, os centros enviarán ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, a través do enderezo electrónico xsere@edu.xunta.gal , a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

16. A relación definitiva de persoas inscritas será exposta o día 22 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal.

IV. Exención da realización da proba específica de acceso.

1. O requisito específico de acceso ás ensinanzas deportivas é a superación dunha proba específica ou a acreditación dun mérito deportivo (substitutivo da realización da dita proba, no caso da modalidade de Baloncesto), definido no real decreto que define o título na correspondente modalidade deportiva.

2. Ademais, poderán ser obxecto de exención da realización da proba específica de acceso, en cada unha das modalidades de ensino deportivo implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia, aquelas persoas que acrediten, con carácter xeral, a condición de deportista de alto nivel ou deportista de alto rendemento nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 3 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento para a modalidade deportiva correspondente; quen acredite a condición de deportista de alto rendemento ou equivalente na modalidade correspondente, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa, así como quen acredite algunha das condicións definidas nos reais decretos que establecen o correspondente título. Pódense consultar as ditas condicións na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/taboa_requisitos_de_acceso_especificos_e_motivos_de_exencion210618.pdf

3. O procedemento de solicitude de exención require a inscrición correspondente nas probas de carácter específico obxecto desta convocatoria, así como o pagamento dos prezos públicos correspondentes de acordo co establecido no Decreto 89/2013, do 13 de xuño. Xunto coa solicitude de exención de realización da proba de carácter específico deberase achegar a documentación acreditativa que corresponda, e será o tribunal avaliador nomeado para cualificar a dita proba quen valore a dita documentación e determine a exención da persoa solicitante.

4. Na modalidade de Baloncesto, aquelas persoas que acrediten o mérito deportivo, substitutivo da realización da proba específica, definido de acordo co real decreto que establece o título na correspondente modalidade deportiva, non terán que realizar o pagamento dos prezos públicos correspondentes. Xunto coa solicitude de inscrición na proba específica deberase achegar a documentación que corresponda que acredite o dito mérito deportivo, que exime da realización da proba de carácter específico e do seu pagamento.

V. Desenvolvemento das probas.

1. As probas de madureza realizaranse segundo figura no anexo I desta resolución e terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a continuación:

a) Proba de madureza de grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

• Lingua Galega.

• Lingua Castelá.

• Parte sociocultural.

• Parte científico-tecnolóxica.

b) Proba de madureza de grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

• Lingua Galega e Literatura.

• Lingua Castelá e Literatura.

• Lingua Estranxeira: (Inglés/Francés).

• Historia de España.

• Filosofía.

2. As probas de acceso de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, realizaranse:

a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas.

b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

c) Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 10.00 horas.

d) Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.

e) Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 16 de setembro, ás 10.00 horas.

f) Na modalidade de Vela, o día 13 de setembro, ás 11.30 horas, nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

3. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por ser o centro directivo habilitado para coordinar estas probas e os seus criterios de avaliación.

4. Con carácter excepcional, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá convocar unha proba de carácter específico para aquelas persoas inscritas que por motivos debidamente xustificados, tales como lesións, non puideron realizar a proba nas datas fixadas nesta resolución.

VI. Tribunais das probas.

Os tribunais constituiranse de acordo co descrito nos respectivos decretos polos cales se establecen os currículos das modalidades ou especialidades correspondentes, tal e como figuran nos anexos II e III desta resolución.

VII. Reclamacións.

1. Contra as cualificacións provisionais das probas de acceso poderase presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta do tribunal durante os dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

2. Contra as resolucións das reclamacións, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional correspondente segundo o ámbito provincial en que se ditase a resolución impugnada, de acordo co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución deste recurso porá fin á vía administrativa.

3. Contra a resolución do recurso de alzada, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

VIII. Certificación da superación das probas.

1. Unha vez publicada a listaxe definitiva de persoas aspirantes que superaron a proba de madureza, de grao medio ou superior, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa remitirá os correspondentes certificados de superación da dita proba aos centros onde as persoas aspirantes realizaron a inscrición.

2. Unha vez publicada a listaxe definitiva de persoas aspirantes que superaron a proba de carácter específico de acceso a cada unha das ensinanzas deportivas, o/a presidente/a do tribunal emitirá os correspondentes certificados de superación da dita proba, que poderán ser recollidos nas secretarías dos centros onde as persoas aspirantes realizaron a proba.

IX. Admisión e matrícula.

1. No relativo a criterios de admisión nos centros sostidos con fondos públicos cando o número de persoas aspirantes supere o número de prazas ofertadas aplicarase o disposto polo Real decreto 1363/2007 no seu artigo 34. As persoas interesadas deberán achegar a documentación necesaria para resolver o dito proceso de admisión.

2. Para a modalidade de Vela ofertado no IES Fermín Bouza Brey, o número de prazas para cursar o ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en vela con aparello fixo será de 12.

3. O prazo de matrícula das persoas aspirantes que superen o citado proceso de admisión a cada unha das ensinanzas deportivas abranguerá desde a data da publicación de persoas admitidas ata o 27 de setembro.

4. Para a formalización das solicitudes de matrícula, os centros públicos facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na Secretaría do centro en que se vaian cursar as ensinanzas, que se xuntará á documentación xa presentada. As persoas interesadas deberán achegar a documentación que non fose presentada coa solicitude de inscrición nas probas de acceso, ou outra que lles sexa requirida, así como aboar os prezos públicos correspondentes en concepto de matrícula.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

I. Proba de madureza dos ciclos de grao medio das ensinanzas deportivas.

1. Para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio tomarán como referencia os vixentes currículos oficiais da educación secundaria obrigatoria (Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia) e valorará os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os novos estudos.

2. A proba de madureza constará das seguintes partes:

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Galega a partir dun texto escrito.

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá a partir dun texto escrito.

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais (Xeografía e Historia).

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxía).

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito os exercicios que se propoñan para cada unha das tres elixidas.

II. Proba de madureza dos ciclos de grao superior das ensinanzas deportivas.

1. Para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior tomarán como referencia os vixentes currículos oficiais do bacharelato (Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia) e valorarán os coñecementos e o grao de madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, así como a correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e síntese.

2. A proba de madureza constará das seguintes partes:

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Galega e Literatura.

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá e Literatura.

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Estranxeira (Inglés/Francés).

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Historia de España.

• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito os exercicios que se propoñan para cada unha das tres elixidas (igual que o punto anterior).

Neste exercicio valorarase o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, á utilización da linguaxe e á capacidade de análise e de síntese.

ANEXO II

Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de madureza das ensinanzas deportivas para o curso 2019/20:

Tribunal titular

Tribunal suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidente

Manuel Guerra Fernández

Secretaria

Noemí Álvarez Villar

Secretaria

Mª Luz Ares Fandiño

Vogal 1º

Rosa Giao Sánchez

Vogal 1º

José Antonio Maroño Buján

Vogal 2º

Mª Jesús Lorenzana Lamelo

Vogal 2º

Sonia Vázquez Gómez

Vogal 3º

Julia Taboada Martínez

Vogal 3º

Esteban Calviño Louzao

Vogal 4º

Carmen Meiriño González

Vogal 4º

Mª Rosario Ureña Lara

Vogal 5º

Manuel Ángel García Gómez

Vogal 5º

Mª Esther Barroso Millán

Vogal 6º

Ricardo Pita Fernández

Vogal 6º

Victoria Cerviño Ferrín

ANEXO III

1. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas na modalidade de Fútbol I (A Coruña) para o curso 2019/20:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Antonia González Comesaña

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Xurxo Pena García

Vogal 1º

José Manuel Martínez Paz

Vogal 1º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2º

Modesto Yáñez Garrote

Vogal 2º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3º

Antonio Alberto Villamor Pérez

Vogal 3º

Emilio de Vicente Nogueira

2. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas na modalidade de Fútbol II (Pontevedra) para o curso 2019/20:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Antonia González Comesaña

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Telmo Silva Alonso

Vogal 1º

Tomás Montoya Aboal

Vogal 1º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2º

Francisco Pérez Carral

Vogal 2º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3º

Xurxo Pena García

Vogal 3º

Emilio de Vicente Nogueira

3. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas na modalidade de Fútbol Sala para o curso 2019/20:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Antonia González Comesaña

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Javier Rodríguez Sarmiento

Vogal

Isidro Grela Mosquera

Vogal

José Jorge Martínez Rodríguez

4. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas na modalidade de Baloncesto para o curso 2019/20:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Antonia González Comesaña

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Jesús Miguel Jaureguiza

Vogal

Iván Villar Fernández

Vogal

Pablo Villaronga Paz

5. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas na modalidade de Balonmán para o curso 2019/20:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Antonia González Comesaña

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Anxo Gómez García

Vogal

Emilio Pintos Soto

Vogal

Miguel Ángel Abarca Ribas

6. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas na modalidade de Atletismo para o curso 2019/20:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Antonia González Comesaña

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Eduardo Pérez Romero

Vogal

Roberto Marcos Ferreiro

Vogal

Santiago Cabado Estraviz

7. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas na modalidade de Vela para o curso 2019/20:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Antonia González Comesaña

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Telmo Silva Alonso

Vogal

Manuel Javier Álvarez Seoane

Vogal

Diego Rojo Garrido

ANEXO IV

Centros onde se poderá realizar a inscrición para a realización das probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

IES Universidade Laboral (Culleredo)

Fútbol Sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)