Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27147

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 58/2019, do 23 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu da estrada provincial EP-1310, rúa Ramón Bares.

Segundo o teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Bueu solicita á Deputación Provincial de Pontevedra a transferencia da estrada EP-1310, rúa Ramón Bares. A transferencia de titularidade a prol do concello redundará no mellor mantemento da estrada, así como un control máis directo sobre esta o que evitará posibles ocupacións indebidas no dominio público.

A Deputación Provincial de Pontevedra, aceptou o cambio de titularidade e posterior entrega ao Concello de Bueu da EP-1310, rúa Ramón Bares, xa que, polo seu trazado, lonxitude e a súa funcionalidade actual, non reúne as características propias dunha estrada provincial.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de maio de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu da estrada provincial EP-1310, rúa Ramón Bares.

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Bueu deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade ao que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre Concello e Deputación.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Bueu, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do vial, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e tres de maio de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade