Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.
Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.
O Concello de Salvaterra de Miño e a Axencia Galega de Infraestruturas asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo a pavimentación da rúa Rosalía de Castro (PO-400) e a construción dunha senda peonil entre o núcleo urbano de Salvaterra e o núcleo de poboación das Zacoteiras.
O Concello de Salvaterra de Miño, coa sinatura deste convenio, acepta o cambio de titularidade de:
• Todo o dominio público viario da estrada de titularidade autonómica:
Clave |
Rede |
Denominación |
PQi |
PQf |
Lonxitude |
PO-400 |
PC |
Salvaterra (PO-403) – Filgueira (PO-801) |
0+000 |
2+320 |
2.320 |
• Todo o dominio público viario, agás a calzada e beiravías, dos seguintes treitos de estradas de titularidade autonómica:
Clave |
Rede |
Denominación |
PQi |
PQf |
Marxe |
Lonxitude |
PO-400 |
PC |
Salvaterra (PO-403)-Filgueira (PO-801) |
2+320 da PO-400 |
2+380 da PO-400 |
D |
60 m |
0+000 da PO-402 |
2+380 da PO-400 |
E |
60 m |
|||
PO-402 |
S |
Oleiros (PO-400) Vilasobroso (N120) |
0+000 |
0+140 |
D |
140 m |
O treito inicial da estrada PO-400 (p.q. 0+000 a 1+140) discorre por solo clasificado como urbano polo vixente Planeamento urbanístico do Concello de Salvaterra de Miño (NSP aprobadas o 12.6.1993), polo que é un treito urbano para os efectos da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. Este treito atópase integrado no tecido urbano do núcleo de Salvaterra de Miño e as súas marxes están coutadas polas edificacións con múltiples accesos a rueiros municipais. A estrada PO-510, constitúe, para os efectos do artigo 11 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, unha alternativa viaria á estrada PO-400 entre os seus p.q. 0+000 e 2+320 (intersección coa PO-510 e coa PO-402).
Por outra banda, no dominio público viario (excepto calzada e beiravías) cuxo cambio de titularidade se prevé no convenio, está proxectada a execución dunha senda peonil que terá unha funcionalidade esencialmente municipal e a súa cesión favorecería as tarefas da Administración local con respecto ás necesidades dos usuarios.
A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade proposta no convenio.
De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de maio de dous mil dezanove,
DISPOÑO
Artigo 1
– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño de:
1. PO-400 Salvaterra (PO-403)-Filgueira (PO-801):
Todo o dominio público viario do seguinte treito:
PQi |
Coordenadas UTM (ETRS89) |
PQf |
Coordenadas UTM (ETRS89) |
Lonxitude |
0+000 |
X=541.343 Y=4.659.155 |
2+320 |
X=543.353 Y=4.659.560 |
2.320 m |
Todo o dominio público viario agás calzada e beiravías dos seguintes treitos:
PQi |
Coordenadas UTM (ETRS89) |
PQf |
Coordenadas UTM (ETRS89) |
Marxe |
Lonxitude |
2+320 da PO-400 |
X=543.353 Y=4.659.560 |
2+380 da PO-400 |
X=543.419 Y=4.659.582 |
D |
60 m |
0+000 da PO-402 |
X=543.374 Y=4.659.605 |
2+380 da PO-400 |
X=543.419 Y=4.659.582 |
E |
60 m |
2. PO-402 Oleiros (PO-400)-Vilasobroso (N-120):
Todo o dominio público viario agás calzada e beiravías do seguinte treito:
PQi |
Coordenadas UTM (ETRS89) |
PQf |
Coordenadas UTM (ETRS89) |
Marxe |
Lonxitude |
0+000 |
X=543.374 Y=4.659.605 |
0+140 |
X=543.425 Y=4.659.731 |
D |
140 m |
– Modificar o Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade autonómica, do seguinte xeito:
PO-400:
• Antes da transferencia do treito inicial da PO-400: Salvaterra (PO-403) Filgueira (PO-801).
• Despois da transferencia do treito inicial da PO-400: Oleiros (PO-510) Filgueira (PO-801).
Artigo 2
En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Salvaterra de Miño deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.
Artigo 3
De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade serán efectivos no día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
Artigo 4
Correspóndenlle ao Concello de Salvaterra de Miño, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle puider corresponder como nova Administración titular das estradas.
Disposición derradeira
Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e tres de maio de dous mil dezanove
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade