Intentada sen éxito a notificación administrativa no domicilio da interesada e en sede electrónica, nos termos dos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.
A interesada poderá recoller a notificación mediante comparecencia nas dependencias da Vicesecretaría Xeral, nas oficinas da Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral da Presidencia, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Expediente: disciplinario 1/2019.
DNI interesada: 33237805E.
Acto de notificación: acordo de incoación.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia