Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 28 de maio de 2019 en procedemento disciplinario para recibimento da declaración.

Tentada sen éxito a notificación administrativa no domicilio da persoa interesada e en sede electrónica, nos termos dos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

A persoa interesada poderá recoller a notificación mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Apoio Técnico (planta baixa) da Secretaría Xeral da Presidencia, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do citado acordo e constancia de tal coñecemento. Unha vez efectuada a notificación mediante este anuncio, proseguirán as actuacións que en dereito procedan.

Expediente: disciplinario 1/2019.

DNI da persoa interesada: 33237805E.

Acto de notificación: recibimento de declaración do presunto inculpado.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

Eva María Sanín Mariño
Instrutora