Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27086

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (788/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 788/2018 por instancia de Antonia María Gallardo Cutie contra Técnicas de Limpieza Oasis, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 29 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Desestímase a demanda formulada por Antonia María Gallardo Cutie fronte á empresa Técnicas de Limpieza Oasis, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, por falta de acreditación de relación laboral alegada, e absólvese demandada das pretensións de condena fronte a ela exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Técnicas de Limpieza Oasis, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza