Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1168/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1168/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa ADP Fachadas y Proyectos Integrales Reforlar, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza

A Coruña, 11 de abril de 2019

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1168/2016, sendo parte nel como demandante Jesús Suárez Acebey, asistido polo letrado José Daniel Pérez López, e como demandada ADP Fachadas y Proyectos Integrales Reforlar, S.L., que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que, aceptando a falta de competencia territorial, debo deixar de coñecer o fondo do asunto, por corresponder aos xulgados do social de Santiago de Compostela ou Vigo, onde a parte poderá acudir a exercer o seu dereito.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deben anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a ADP Fachadas y Proyectos Integrales Reforlar, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza