Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27083

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 603/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 603/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Castillo Sanabria contra a empresa Dos Universa del Libro y Menaje, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo fallo é o seguinte:

«Fallo que, estimando a demanda interposta por María Luisa Castillo Sanabria, con citación do Fogasa, contra a empresa Dos Universa Libro y Menaje, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 5.714,72 euros. No caso de que opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 30,56 euros/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dos Universa del Libro y Menaje, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 13 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza