Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27081

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Arzúa

EDICTO (70/2017).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 70/2017, seguido por instancia de Preventiva Seguros y Reaseguros, representada polo procurador Sr. Fernández Villaverde, contra Enrique José Vázquez Carbajales, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou Sentenza o 8 de marzo de 2019, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido estimar a demanda interposta polo procurador Sr. Fernández Villaverde, na representación de Preventiva Seguros y Reaseguros, S.A., contra Enrique José Vázquez Carbajales, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a aboar ao demandante o importe de mil doce euros con trinta e oito céntimos de euro (1.012,38 euros), coa aplicación dos xuros de demora desde a intimación xudicial. Coa imposición das custas se foren exixibles.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes. Contra a devandita resolución non cabe recurso de apelación».

Expídese o presente edicto para notificala ao demandado José Vázquez Carbajales, con último domicilio coñecido en Fraga do Rei, número 101, 2º, de Arzúa, como consecuencia do ignorado paradoiro deste.

Arzúa, 15 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza