Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27079

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de maio de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria para o persoal estatutario fixo das categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos do Hospital Virxe da Xunqueira.

De conformidade co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo) e con base nos criterios reitores para mobilidade interna no ámbito de atención especializada aprobadas pola mesa sectorial o 23 de decembro de 2009, modificados polo Acordo do 31 de xaneiro de 2014 e tras as negociacións mantidas coas seccións sindicais CC.OO., CIG, CSIF, USAE e UXT acordáronse, o 14 de marzo de 2019, as bases da convocatoria do concurso de mobilidade interna do persoal estatutario fixo das categorías de ATS/DUE, fisioterpeuta e técnico auxiliar de coidados de enfermaría e de xestión e servizos de auxiliar administrativo do Hospital Virxe da Xunqueira.

A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña con base nas competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria do procedemento de mobilidade interna do persoal estatutario fixo das categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e de xestión e servizos do Hospital Virxe da Xunqueira.

As bases íntegras da presente convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Virxe da Xunqueira e na páxina web do espazo do profesional.

As solicitudes para participar no presente procedemento axustaranse necesariamente ao formulario electrónico existente na Oficina virtual do profesional (FIDES/procesos/mobilidade voluntaria interna) e, tras a súa formalización electrónica, unha vez impresa, deberá presentarse no Rexistro do Hospital Virxe da Xunqueira ou en calquera dos rexistros referidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais lugares previstos no artigo 10 do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidade públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de maio de 2019

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña