Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (70/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 70/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Martínez Agrelo contra Gestio Illahotels, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019.

Á vista do estado das presentes actuacións, e de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se tenten valer, e fixo o próximo día 10 de xuño de 2019, ás 12.15 horas, para a celebración da comparecencia na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben de asistir cos medios de proba de que tenten valerse.

De non asistir o traballador ou persoa que lle represente teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes acudidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza