Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26930

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 70/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 70/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Moustapha Diop contra a empresa Servicar 2017, S.L., sobre despedimento, ditouse o 1 de maio de 2019 dilixencia de ordenación, auto despachando execución e dilixencia de citación para incidente de non readmisión do 4 de xuño de 2019, impugnables en reposición no prazo de tres días, as que se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicar 2017, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza