Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26583

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1435/2016).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza número 46:

En Vigo o catro de febreiro de dous mil dezanove.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1435/16, sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Lorena Castilla Pérez, representada pola procuradora dos tribunais María Teresa Villot Sánchez e con asistencia letrada de Raquel Dios Almeida, contra Nicolás Eduardo Garet Alende, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Villot Sánchez, en nome e representación de Lorena Castilla Pérez, como demandante, contra Nicolás Eduardo Garet Alende, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúese á Sra. Castilla Pérez, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre o seu fillo.

Segundo. O Sr. Garet Alende satisfará en concepto de alimentos a favor do seu fillo a cantidade de 125 euros mensuais nos termos indicados no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.

Terceiro. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios do menor, entre os que se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social, non tendo tal consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Nicolás Eduardo Garet Alende, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Vigo, 9 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza