Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (154/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 154/2018 por instancia de Martin Villa Vázquez contra Avanza Lab Inspección y Control, S.L., o administrador concursal de Avanza Lab Inspección y Control, S.L., a empresa Análisis Mediques Barcelona, S.L. (desistida) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 11 de febreiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Martín Vila Vázquez fronte a Avanza Lab Inspección y Control, S.L., o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Avanza Lab Inspección y Control, S.L. ao traballador.

– Condénase Avanza Lab Inspección y Control, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 5.170,94 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 44,94 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Avanza Lab Inspección y Control, S.L. e o administrador concursal da empresa Avanza Lab Inspección y Control, S.L. (Víctor Maniel Mailo Torres), expido e asino a presente.

A Coruña, 9 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza