Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26404

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

ANUNCIO de cuestión de inconstitucionalidade 2360-2019 en relación co artigo 110.2 da Lei 8/2008, de saúde de Galicia, por posible vulneración do artigo 149.1.18 da Constitución española.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 21 de maio actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 2360-2019, promovida polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no procedemento 206-2017 en relación co artigo 110.2 da Lei 8/2008, de saúde de Galicia, por posible vulneración do artigo 149.1.18 da Constitución española (CE), e, de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) da Lei orgánica do Tribunal Constitucional (LOTC), reservar para si o coñecemento desta cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 da Lei orgánica do Tibunal Constitucional (LOTC), aqueles que sexan parte no procedemento 206-2017 poderán comparecer ante este tribunal dentro dos quince días seguintes ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 21 de maio de 2019

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional