Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de maio de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Oleirón, nos concellos de Rois e Brión (A Coruña) e promovido pola sociedade Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/12).

En cumprimento do disposto nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de maio de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Oleirón, nos concellos de Rois e Brión (A Coruña) e promovido pola sociedade Norvento, S.L. (IN661A 2010/12).

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de maio de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Oleirón, nos concellos de Rois e Brión (A Coruña) e promovido pola sociedade Norvento, S.L. (IN661A 2010/12).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L. (en diante o promotor) en relación coa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Oleirón (en diante o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Oleirón, cunha potencia de 24 MW e promovido por Norvento, S.L.

Segundo. O 17.2.2011, Norvento, S.L. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico. Posteriormente, o 27.6.2011, o promotor solicitou a aprobación do proxecto sectorial do parque eólico.

Terceiro. O 26.8.2011, Norvento, S.L. presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Cuarto. Por Resolución do 11 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña (en diante a Xefatura Territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 15.6.2012, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 1.6.2012 e no xornal El Correo Gallego do 28.5.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Brión e Rois), da Xefatura Territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de información pública presentáronse alegacións, sobre as cales a xefatura territorial informou o 16.5.2013.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas:

– Solicitudes de denegación e oposición á declaración de utilidade pública formulada pola sociedade Norvento, S.L. pola falta de información ou de negociación para chegar a un acordo cos propietarios incluídos na relación de bens e dereitos.

– Solicitude de modificación do trazado da servidume afectada, así como a modificación da superficie afectada polo procedemento de declaración de utilidade pública. Propostas de cambios de sitio dos aeroxeradores 1 e 2.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, a maioría deles, en relación coa titularidade das parcelas, cos apelidos dos titulares, coas superficies afectadas, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

– A Sociedade Galega de Historia Natural solicita que, ao non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e a biodiversidade, non se autorice a afección de aeroxeradores e vías de acceso sobre hábitats de conservación prioritaria na UE presentes na zona, especies incluídas no anexo II da citada lei, nin sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000; que se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no anexo I da Directiva de aves, nos libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona; que se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007; que o proxecto adopte medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

– A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza alega que o parque eólico Oleirón se sitúa sobre espazos correspondentes a hábitats de interese europeo. Por iso, solicita que se rexeite a autorización do proxecto do citado parque eólico.

– Presentáronse alegacións en relación coa tramitación do proxecto, concretamente solicitando a retroacción do procedemento ambiental ao momento anterior á redacción do estudo de impacto ambiental, así como a necesidade de visado do proxecto de execución e do proxecto sectorial do parque eólico.

Quinto. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiu, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retevisión; Retegal; Concello de Brión; Concello de Rois; Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes; Augas de Galicia e Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

Sexto. O 11.5.2012 Retevisión I, S.A. emitiu o correspondente condicionado técnico, no cal se requiriu ao promotor o compromiso de corrixir as posibles deficiencias que no sinal de televisión se poidan producir unha vez construído o parque eólico. O promotor achegou a súa resposta o 17.8.2012.

Sétimo. O 14.6.2012 Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico, no cal informou da existencia dun alto risco de afección á difusión por TDT exixiu a asunción de futuros custos, propondo a modificación da localización dos aeroxeradores OL-6 e OL-7, por afectaren os centros de Liñares, Pedroso e Fruíme, así como exixindo que queden despexadas as liñas de vista nun espazo de 50 m desde as partes móbiles dos aeroxeradores. Isto foi trasladado ao promotor, que achegou a súa resposta o 20.7.2012.

Oitavo. O 29.6.2012 o Concello de Brión estableceu o correspondente condicionado, o cal se trasladou ao promotor, que achegou a súa resposta o 15.5.2013.

Noveno. O 10.8.2012 a Xefatura Territorial reiterou a solicitude de informe ao Concello de Rois.

Décimo. O 14.8.2012, a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes informou sobre a titularidade e convenios subscritos coas CMVMC San Miguel da Costa e Macedos. O 25.9.2012 o promotor contestou que os titulares das parcelas afectadas e os números de convenio coinciden cos presentados nos anexos do documento de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico.

Décimo primeiro. O 22.8.2012 a Xefatura Territorial reiterou a solicitude de informe a Augas de Galicia.

Décimo segundo. O 23.12.2014 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, e estableceu o correspondente condicionado. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 21.8.2015.

Décimo terceiro. O 3.2.2013 a Xefatura Territorial informou sobre os dereitos mineiros afectados indicando que non existe ningún dereito mineiro na poligonal do parque eólico.

Décimo cuarto. O 16.5.2013 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución do parque eólico.

Décimo quinto. O 12.7.2013 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou as modificacións do proxecto do parque eólico. Estas modificacións consistiron, de forma xeral, no cambio da posición dun dos oito aeroxeradores (OL01), así como a modificación do trazado da vía e da plataforma doutro aeroxerador (OL03), que Norvento S.L. xustificou polas consideracións feitas pola Dirección Xeral Patrimonio Cultural sobre o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Décimo sexto. O 3.10.2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 11 de novembro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 89, do 11 de maio de 2016).

Décimo sétimo. O 30.6.2015 para os efectos de continuar coa tramitación do expediente, o promotor presentou a addenda ao proxecto de execución e a relación de bens e dereitos afectados actualizada, nas cales se recollen as modificacións autorizadas o 12.7.2013 pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Posteriormente, o 3.8.2015, o promotor presentou o proxecto sectorial actualizado.

Décimo oitavo. O 4.9.2015, o Servizo de Montes da Coruña emitiu o informe o que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo noveno. O 10.9.2015, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto, e procedeu a publicar no Diario Oficial de Galicia do 31.3.2016 o Anuncio do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notificou a diversos interesados a solicitude de declaración de utilidade pública no expediente IN661A 2010/12. O promotor contestou as alegacións formuladas nos escritos do 9.12.2015.

Vixésimo. O 19.10.2015 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Vixésimo primeiro. O 28.4.2016 o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación coa Addenda ao proyecto de execución do parque eólico Oleirón. Maio 2015.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polo artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola que se modifica a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Con datas do 28.8.2012 e 20.6.2013, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar da Coruña indicou que a utilidade pública do parque eólico será compatible coa utilidade pública dos montes veciñais San Miguel, Susamontes, Parapico e Abelendo, Quintáns, Vilar de Abade e de Sorribas, sempre e cando se cumpran os condicionantes establecidos. O promotor mostrou a súa conformidade no escrito do 4.10.2013.

Cuarto. O 4.9.2015 o Servizo de Montes da Coruña emitiu o informe a que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. Nel remítese ao recollido no fundamento de dereito terceiro.

Quinto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, e que corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento, ...), así como das afeccións reais do proxecto sobre estes.

2. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegue a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. No que respecta ás alegacións relativas á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios coa dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

4. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 3.10.2014.

5. Co obxecto de aclarar as alegacións presentadas en relación cos procedementos realizados durante a tramitación do proxecto, cabe indicar que este foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental, resultado do cal se formulou a declaración de impacto ambiental con carácter previo á autorización do parque eólico.

6. Con respecto ás alegacións relativas á necesidade de visado, débese indicar que tanto o artigo 36.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, como o artigo 12 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, tan só recollen a necesidade de que o proxecto de execución e o proxecto sectorial sexan suscritos por un técnico competente.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico Oleirón, nos concellos de Rois e Brión (A Coruña) e promovido pola sociedade Norvento, S.L., cunha potencia de 24 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Oleirón, composto polos documentos Proxecto de execución do parque eólico Oleirón. Enero 2011 e Addenda ao proxecto de execución do parque eólico Oleirón. Mayo 2015, asinados polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro, colexiado nº 985/201 do ICAI. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento, S.L.

Domicilio social: rúa Ribadeo, 2 entresollado, 27002 Lugo.

Denominación: parque eólico Oleirón.

Potencia instalada: 24 MW.

Concellos afectados: Rois e Brión (A Coruña).

Orzamento de execución material: 20.557.604,02 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P.E. Oleirón

Vértices poligonales

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

X

Y

1

525.000

4.742.000

2

524.000

4.742.000

3

524.000

4.738.000

4

526.000

4.738.000

Coordenadas UTM (fuso 29)

Nº aeroxerador

X

Y

OL-01 modificado

524.792

4.738.406

OL-02

524.797

4.738.703

OL-03

524.550

4.740.213

OL-04

524.435

4.741.400

OL-05

524.502

4.741.100

OL-06

524.636

4.740.855

OL-07

524.722

4.739.931

OL-08

524.356

4.741.697

Torres meteorolóxicas: coordenadas UTM (fuso 29)

X

Y

TM_OL01

524.274

4.741.974

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 8 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria y 119 metros de fuste.

– 8 centros de transformación de 3.450 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/20 kV, Dyn5, instalados individualmente no interior da góndola de cada aeroxerador coas seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

– Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal, en canalización entubada, para a evacuación da enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,65/20 kV e subestación transformadora 20/132 kV.

– Torre meteorolóxica autoportante de 119 m de altura, equipada con anemómetros, cataventos, medidores de temperatura e de presión e rexistrador.

– Subestación transformadora híbrida de intemperie, equipada cun transformador de 18/24 (ONAN/ONAF) MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,42 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e control.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Norvento, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 411.152,08 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por este acordo se aproba.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Norvento, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 154.429 euros.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por este acordo se aproba.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Norvento, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de oito meses contados a partir da obtención de todas as licenzas e permisos.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas neste acordo e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 3.10.2014 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que lle resulten de aplicación.

10. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito cuarto:

Sociedade Galega de Historia Natural, o 22.6.2011; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, o 23.6.2011; Rosalía Ferreira Montero, en representación de Adriana Ferreira Ferreira e Lucía Ferreira Ferreira, o 31.5.2012; Carmen García Landeira, o 6.6.2012; María Flor Puga Pérez, o 13.6.2012; María Dolores Mouriño Neo, o 14.6.2012; Josefa Lourdes Campaña Landeira, o 14.6.2012; María del Carmen Barbazán Ferreiro, o 29.6.2012; Marcos Estévez Malvar, o 14.7.2012; Argentina Casal Neo, Francisco Casal Neo e Gerardo Casal Neo, o 16.7.2012; José Manuel Durán Rodríguez, en representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o 18.7.2012; Enrique Outes Durán, o 19.7.2012; José Cortés Gómez, en representación da CMVMC de San Miguel da Costa, o 19.7.2012; Xiao Somoza Rodríguez, o 20.7.2012; Nieves Bustelo Sueiro, o 20.7.2012; María del Carmen Lourdes Seco Piñeiro, o 20.7.2012; Francisco José Seco, o 20.7.2012; Sara Santos Amboage, o 20.7.2012; Begoña Pedrido Dacuña, o 20.7.2012; David Bralo Rodríguez, o 20.7.2012; Eugenio Socastro Bargo, o 20.7.2012; Carmen Bustelo Sueiro, o 20.7.2012; Manuel González Pombo, o 20.7.2012; Víctor Pombo Seco, o 20.7.2012; Sonia Ares Pérez, en representación da AAVV O Travadoiro, o 20.7.2012; José Carlos Figueroa Boedo, o 20.7.2012; Carmen Pombo, o 20.7.2012; Olimpio Iglesias Bustelo, o 20.7.2012; Castora Nieto Oro, María Nieto Oro, Manuel Nieto Oro, Eugenio Nieto Oro, Antonio Nieto Oro e Enrique Carlos Nieto González, o 30.7.2012.

2. Alegacións presentadas durante a fase de notificación indicada no antecedente de feito décimo noveno:

Adriana Ferreira Ferreira e Lucía Ferreira Ferreira, o 5.10.2015; Isabel Sara Fernández Rey, María Carmen Barbazán Ferreiro, Manuel Rey Pereira, Isaura Carmen Rodríguez Brenlle, José Rogelio Pose Rodríguez e Luis Pose Rodríguez, o 27.10.2015.