Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 5 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasística de distribución denominado ERM e rede polietileno MPB para subministración ao polígono industrial de Morás, Arteixo (A Coruña) promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2019/01-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A. con CIF nº A15383284, e con enderezo para efectos de notificación en rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para executar a infraestrutura gasística de distribución denominado ERM e rede polietileno MPB para subministración ao polígono industrial de Morás, Arteixo (A Coruña), no municipio de Arteixo, provincia da Coruña:

• Realización dunha derivación mediante a instalación dunha te de toma en carga de 10’’, con weldolet e diámetro de saída de 4”, sobre o gasoduto RAA IO15.1 actualmente en servizo.

• Execución dunha antena de aproximación en aceiro Gr L245 de 4’’ de diámetro e 3,6 mm de espesor de parede en MOP 16 bar, desde o gasoduto RAA IO15.1 ata unha ERM 16-4 Q 5000-D.

• Instalación dunha ERM tipo 16-4 Q 5000-D, con presión de entrada ata 16 bar e de saída ata 5 bar, con capacidade para o filtrado, regulación de presión e contaxe dun caudal nominal de 5.000 m3(n)/h de gas natural.

• Execución dunha rede de distribución de gas en PE 100 SDR 17,6/17 en diámetros de 200, 160, 110 e 90 mm e MOP 4 bar desde a saída da ERM ata as parcelas dos futuros clientes.

• Instalación de 10 válvulas de corte para a regulación e control do fluxo de gas na antena de aproximación e a rede de distribución.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2-2º planta, 15071 A Coruña.

A Coruña, 5 de abril de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña