Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26593

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 389/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 389/2018 deste xulgado do social, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 389/2018 seguidos por instancia de Ricardo Cousiño Garrido, asistido pola letrada Sra. Prieto Currás, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE, en diante) asistido e representado pola letrada do SPEE Sra. García Castro, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS, en diante), Campiñas de Laíño, S.A., Refojo e González, S.L. e Hipescar, S.L., que non comparecen a pesar da súa citación en legal forma, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase substancialmente a demanda interposta por Ricardo Cousiño Garrido e, en consecuencia, declárase o dereito do demandante á percepción do subsidio de desemprego sobre unha base reguladora de 40,56 euros, con condena do SPEE a estar e pasar por tal declaración e ao aboamento, sen prexuízo do seu dereito de subrogación fronte á empresa, con absolución do resto de codemandados.

Notifíquese ás partes a presente resolución, contra a que cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza