Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 274/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 274/2018 deste xulgado do social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 274/2018, en que foron parte, como demandante, Iago Vázquez López, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez e, como demandado/s, Three Telecom 2014, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución

Estímase a demanda interposta por Iago Vázquez López fronte a Three Telecom 2014, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar ao demandante a cantidade de 869,44 euros, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Three Telecom 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza