Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (768/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 768/2018 por instancia de Rolando Doval Sánchez contra a empresa Ramón Maseda Marful, sobre despedimento, nos cales se ditou Sentenza con data do 22.4.2019 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Acéptase a demanda formulada por Rolando Doval Sánchez fronte á empresa Ramón Maseda Marful e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de Rolando Doval Sánchez realizado pola empresa Ramón Maseda Marful.

– Condénase a empresa Ramón Maseda Marful a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.206,13 euros; o aboamento da devandita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, e en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 47,19 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ramón Maseda Marful, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza