Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1054/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1054/2016 por instancia de Josefa Remuiñán Sánchez contra a empresa Shisvi, S.L., o seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou Sentenza do 23.4.2019 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Acéptase a demanda interposta por Josefa Remuiñán Sánchez fronte á empresa Shisvi, S.L. e o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

-Condénase a empresa Shisvi, S.L. a aboarlle a Josefa Remuiñán Sánchez a cantidade de dous mil trescentos setenta e cinco euros con setenta e oito céntimos de euro (2.375,78 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Shisvi, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza