Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26351

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e de citación (ETX 85/2019).

ETX execución de títulos xudiciais 85/2019

Procedemento orixen: despedimento/cesamentos en xeral 669/2018

Sobre despedimento

Demandante: Federico Zedda

Avogado: Andrés González-Palacios Sardina

Demandada: Fun Kitchen, S.L.

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 85/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Federico Zedda, contra a empresa Fun Kitchen, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto na data do 8 de maio de 2019 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Federico Zedda contra Fun Kitchen, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Igualmente, foi ditada dilixencia de ordenación, sinalando comparecencia, a fin de oír as partes, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Iria Román Vidarte

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

Tendo presentado o traballador Federico Zedda exixindo o cumprimento polo empresario Fun Kitchen, S.L. da obrigación de readmisión, e Téndose despachado auto de execución de sentenza, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se tenten valer, e sinalar o próximo día 26.6.2019 ás 10.00 horas para que teña lugar.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Notifíquese ás partes e a Fun Kitchen, S.L., no taboleiro de anuncios deste xulgado, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial e para a comparecencia sinalada fanse as seguintes prevencións:

1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se tente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónica, ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

E para que sirva de notificación e citación a Fun Kitchen, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza